lunes, 21 de abril de 2014

Freixos

Que galego nunca probou un freixo ?

Quizas vos parece unha tonteria, pero a elaboracion de estos manxares ven xa dende moitos anos atras . Os primeiros indicios nos transportan á época do imperio romano. Segun os escritos, naquela época xa se realizaban unhas laminas feitas de auga , mel, especias, ovo e fariña chamadas "phyllon". O nome ten orixe grego e significa lámina . Desde aquel producto, unha vez que se foi tendo acceso a cereais, foronse introducindo novas variantes , que unha vez finalizado o imperio romano, asentaronse en diferentes zonas de Europa e Africa . En Galicia, mantivose a filloa , e os galegos acostumamos a facelas canso se achega o carnaval. O mesmo sucede tamén en Asturias .

Semana Santa en Viveiro

Poucas localidades na nosa nación viven a Semana Santa como o fai Viveiro . Ao longo dos tempos, esta vila lucense soubo manter a celebración en todo o seu esplendor e , o que é mais importante, soubo crear e manter unha tradicion propia ( todo o contrario ao que sucede con Ferrol)

Durante unha semana ao ano recorrem por esta vila numerosas procesions que gardan un gran valor histórico-artístico. Resulta moi dificil escoller un acto en concreto de todos os que se celebran en Semana Santa en Viveiro, en moitos dos cales, as imaxes son articuladas.

Outro aspecto que lle otorga importancia a esta celebracion e o escaso numero de habitantes da vila que non participan nas celebracions que se realizan no precioso burgo medieval, ao que se lle engade que o 16 de marzo de 2013 foi considerada a Semana Santa de Viveiro de interés turistico internacional , convertindose na primeira Semana Santa galega en conseguir esta distinción.


Luar na Lubre

Bueno chavalada, Manolo esta vez indicounos que as entradas tiñan que falar da cultura galega. Xa se que todos estades a pensar o mesmo : " bua, que rollo, outra vez a falar de baileciños, gaitas e demáis conachadas" , pero ou non vou por ese camiño.

A miña seguinte entrada vai falar do grupo musical Luar na Lubre, que é un dos meus grupos favoritos de música en Galicia. Ademáis, o último día de clase Manolo regaloume "un bosque de música", que é un filme de Ignacio Vilar convertido en documental sobre este grupo.

Principalmente a música de Luar na Lubre básase no flolklore de Galicia, ainda que tamen ten influencia de outras rexions de tradición celta, como pode ser Escocia, Irlanda, Gran Bretaña... Isto non é de todo aceptado, xa que unha xente defende que fan o correcto, potenciando os lazos históricos, xeográficos e culturais de Galicia internacionalmente, e outra pensa que emiten unha imaxe erronea da cultura galega, como consecuencia da mestura entre o resto das rexions celtas .

Independentemente das opinions públicas, este grupo conseguiu chamar a atencion do músico británico Mike Oldfield , quen incluiu no seu album unha adaptacion do tema " O Son Do Ar" , que lle otorgou quizas máis internacionalidade a estes apaixoados da música galegos.

Por último deixovos aqui o meu tema favorito, espero que o disfrutedes !!!