martes, 20 de mayo de 2014

2050

Os parachedes a pensar en como seria Ferrol se o seu casco antigo estivera en perfectas condicions? Se non estivera o muro do arsenal tapando un enorme atractivo? Se a parte edificada do arsenal se convertirá en un gran museo?

As veces non sabemos o que temos diante ou mais ben non o queremos ver. Nun futuro Ferrol poderiase convertir nunha cidade pioneira en turismo de calidade, e parece que non o queremos aproveitar. Que vamos a vivir toda a vida da farsa da Semana Santa? Algo que nin sequera e propio…

De momento todo resulta moi esperanzador, toda a xente cree na volta aos bos tempos de bazan, que volverán os cartos.. pero non sei eu. Vos, que creedes?

O mundo que nos queda

Non quero resultar cansino pero... seguro que sabedes ben o que se nos ven encima coas emisions de dióxido de carbono? Antonte saiu no telediario unha noticia que dicia que o desxeo comezara no polo sur, e que este proceso xa non se pode parar, simplemente palialo. Segun os "enterados" dos procesos que se deben levar a cabo , salienta a introduccion de vehiculos electricos no mercado. Pero... creedes que realmente é asi ? Pensade que vivimos nunha sociedade egoista e totalmente capitalista. Os altos cargos que nos dirixen non lles importa o futuro, por non decir a cantidade de informacion que nos ocultan. Realmente todo o que sucede relacionado co cambio climático esta maquillado en case toda a súa totalidade. E como isto é un problema que cada vez vai ir a peor… que nos deparara dentro de 50 anos cando as consecuencias de este fenómeno xa comecen a aparecer ? MAIS e mais mentiras dos gobernos. Ocultándonos una realidade que ao fin e ao cabo tamen lles afecta a eles. Os seus fillos , os seus netos, os seus bisnetos… todos van a vivir neste mundo que lles esta quedando, e neles esta una gran responsabilidade, de que esto se manteña tal e como esta. Se eles mismos non se molestan en realizar un esforzó por aplicar taxas ás empresas mais contaminantes, facilitar a compra de vehículos eléctricos, fomentar educación de hábitos ecolóxicos.. dentro de 50 anos non nos quedara mais que un mundo contaminado pola codicia humana e igual que a toda á humanidade, afectanos aos galegos, que ainda que para nada é o único de valor da nos aterra, de momento gozamos dunha fermosa paisaxe no noso territorio.. 


Tecnoloxias en Galicia

Como ya sabedes, toda a parafernalia das novas tecnoloxias avanzou moito, ou o que é o mesmo, fixose asequible para case todas as familias. Isto alcanzou tal punto que, incluso os concellos dan facilidades a os seus cidadans para beneficiarse de estas novas tecnoloxias.

Neste punto queria contar eu un caso que me pasou a min e dar a miña opinion. 

Xa fai un tempo que leín un artigo na Voz De Galicia sobre os problemas sanitarios que tiña a conexión inalámbrica Wi-Fi. Entre varios destaca o seu alto poder canceríxeno, e dicir, a cantidade de radiacions que emite pode provocar cancer. Na actualidade en todas as vivendas se dispoñe de Wi-Fi pero o que a min mas me preocupa é que os concellos das vilas rurais, como por exemplo en Ares onde vive miña aboa , se esta abastecendo de esta cobertura en todo o seu territorio. Enton, eu cada vez que quero desconectar da rutina e vou á casa da miña aboa resulta que estou inmerso de radiacions das que quero escapar, xa que en Ferrol iso é inevitable.

Pero pensade... se isto é así xa agora... dentro de 40 anos ?

Viviremos sempre entre radiacions altamente perigosas, sen escapatoria algunha. Ademais de outros moitos avances que seguro que se van facilitando e que ainda que a xente non o quera ver, nos empobrece cada vez mais como persoas. Xa bastante dano nos fan os telefonos móviles, que resulta case imposible despegarse de el . Se todo segue asi nos converteremos nunha xeneracion de teléfonos intelixentes e xente tonta ao que ademais se lle engade, que se seguimos rodeandonos de ondas tan perigosas, tampouco teremos saude.




lunes, 21 de abril de 2014

Freixos

Que galego nunca probou un freixo ?

Quizas vos parece unha tonteria, pero a elaboracion de estos manxares ven xa dende moitos anos atras . Os primeiros indicios nos transportan á época do imperio romano. Segun os escritos, naquela época xa se realizaban unhas laminas feitas de auga , mel, especias, ovo e fariña chamadas "phyllon". O nome ten orixe grego e significa lámina . Desde aquel producto, unha vez que se foi tendo acceso a cereais, foronse introducindo novas variantes , que unha vez finalizado o imperio romano, asentaronse en diferentes zonas de Europa e Africa . En Galicia, mantivose a filloa , e os galegos acostumamos a facelas canso se achega o carnaval. O mesmo sucede tamén en Asturias .

Semana Santa en Viveiro

Poucas localidades na nosa nación viven a Semana Santa como o fai Viveiro . Ao longo dos tempos, esta vila lucense soubo manter a celebración en todo o seu esplendor e , o que é mais importante, soubo crear e manter unha tradicion propia ( todo o contrario ao que sucede con Ferrol)

Durante unha semana ao ano recorrem por esta vila numerosas procesions que gardan un gran valor histórico-artístico. Resulta moi dificil escoller un acto en concreto de todos os que se celebran en Semana Santa en Viveiro, en moitos dos cales, as imaxes son articuladas.

Outro aspecto que lle otorga importancia a esta celebracion e o escaso numero de habitantes da vila que non participan nas celebracions que se realizan no precioso burgo medieval, ao que se lle engade que o 16 de marzo de 2013 foi considerada a Semana Santa de Viveiro de interés turistico internacional , convertindose na primeira Semana Santa galega en conseguir esta distinción.


Luar na Lubre

Bueno chavalada, Manolo esta vez indicounos que as entradas tiñan que falar da cultura galega. Xa se que todos estades a pensar o mesmo : " bua, que rollo, outra vez a falar de baileciños, gaitas e demáis conachadas" , pero ou non vou por ese camiño.

A miña seguinte entrada vai falar do grupo musical Luar na Lubre, que é un dos meus grupos favoritos de música en Galicia. Ademáis, o último día de clase Manolo regaloume "un bosque de música", que é un filme de Ignacio Vilar convertido en documental sobre este grupo.

Principalmente a música de Luar na Lubre básase no flolklore de Galicia, ainda que tamen ten influencia de outras rexions de tradición celta, como pode ser Escocia, Irlanda, Gran Bretaña... Isto non é de todo aceptado, xa que unha xente defende que fan o correcto, potenciando os lazos históricos, xeográficos e culturais de Galicia internacionalmente, e outra pensa que emiten unha imaxe erronea da cultura galega, como consecuencia da mestura entre o resto das rexions celtas .

Independentemente das opinions públicas, este grupo conseguiu chamar a atencion do músico británico Mike Oldfield , quen incluiu no seu album unha adaptacion do tema " O Son Do Ar" , que lle otorgou quizas máis internacionalidade a estes apaixoados da música galegos.

Por último deixovos aqui o meu tema favorito, espero que o disfrutedes !!!




miércoles, 26 de febrero de 2014

Heredeiros da crus

E esta entrada viñame obligado a facela polo meu amor á música. Xa é habitual, se es un lector habitual do meu blog, saber cales son os meus gustos ou as miñas pasions. Por outro lado, tamen queria facer esta entrada porque aos compoñentes deste grupo, deulles clase Manolo, o meu profesor.

Bueno, para os que non esteades moi postos, comezo por decirvos que Heredeiros da Crus é un grupo de rock formado por 4 integrantes . A banda comezou a sua andadura por ala polo 1992. No ano 97 os compoñentes do grupo volcanse en proxectos individuais e a banda desaparece. Volven con mais forza que nunca no ano 2012, cun concerto multitudinario na sala LP45, en Ordes ( onde seguramente teña a sorte de pinchar eu neste veran )

Pero en fin, vou deixarme de postureos e ir ao gran. 

Principalmente, e é un dos rasgos que mais valoro dun artista, é a súa orixinalidade. Non soporto a esa xente que chegou lonxe pola súa cara bonita ou polo seu diñeiro, copiando ou aprovechandose dos demais. De isto tedes un gran exemplo en Heredeiros. Sempre foron un grupo de amigos que compuxeron o que sentian desde sempre, sen ter unha referencia, sendo eles mesmos. Por outro lado engadeselle a dificultade que ten triunfar compoñendo en galego, que ainda que os guste ou non, é  un prexuizo que esta ahi e é moi dificil de evitar.Para min, e non me canso de repetilo, estas accions son dignas dunha rebeldia que corre polas suas venas. As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse, algo que foi importantisimo.

En definitiva, a conclusion que quero que saquedes é que ninguen chega a nada sentado nun sofa e que o importante dun mesmo, se atopa no seu interior . SER REBELDE