E esta entrada viñame obligado a facela polo meu amor á música. Xa é habitual, se es un lector habitual do meu blog, saber cales son os meus gustos ou as miñas pasions. Por outro lado, tamen queria facer esta entrada porque aos compoñentes deste grupo, deulles clase Manolo, o meu profesor.
Bueno, para os que non esteades moi postos, comezo por decirvos que Heredeiros da Crus é un grupo de rock formado por 4 integrantes . A banda comezou a sua andadura por ala polo 1992. No ano 97 os compoñentes do grupo volcanse en proxectos individuais e a banda desaparece. Volven con mais forza que nunca no ano 2012, cun concerto multitudinario na sala LP45, en Ordes ( onde seguramente teña a sorte de pinchar eu neste veran )
Pero en fin, vou deixarme de postureos e ir ao gran.
Principalmente, e é un dos rasgos que mais valoro dun artista, é a súa orixinalidade. Non soporto a esa xente que chegou lonxe pola súa cara bonita ou polo seu diñeiro, copiando ou aprovechandose dos demais. De isto tedes un gran exemplo en Heredeiros. Sempre foron un grupo de amigos que compuxeron o que sentian desde sempre, sen ter unha referencia, sendo eles mesmos. Por outro lado engadeselle a dificultade que ten triunfar compoñendo en galego, que ainda que os guste ou non, é un prexuizo que esta ahi e é moi dificil de evitar.Para min, e non me canso de repetilo, estas accions son dignas dunha rebeldia que corre polas suas venas. As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse, algo que foi importantisimo.
En definitiva, a conclusion que quero que saquedes é que ninguen chega a nada sentado nun sofa e que o importante dun mesmo, se atopa no seu interior . SER REBELDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario