O frio inverno en Galicia congregaba na lareira a familias
enteiras e alguns deles poñianse a contar lendas. Unha das mais coñecidas é
esta :
Non se sabe se é certo ou non, pero dice que hai moitos
anos, alí cerca de Triabá, vivía una vella que era mala coma una meiga. Un día,
tres homes do pobo decidiron darle una boa malleira.
Os tres homes foron á casa da vella, cada un co seu pau.
Entraron na casa e ali encontraronse coa vella e deronlle una malleira de
norte. A vella, antes de morrer, botoulle una maldición a un deles.Os homes,
por medo a que os descubrisen, foron a un forno que había ali cerca e
queimarona. O home, ao que lle botara a maldición, foi un tempo ó cárcere e
cando voltou encontrouse coa vella que regresara do inferno para levalo a el .
Unha vez xunto do home arrincoulle o ril e comeuno, e o mesmo fixo, días
despois, co fígado, páncreas, pulmóns…
Sen embargo, aquel home apareceu morto dun golpe na cabeza;
os médicos que o atenderon e lle fixeron a autopsia sabían que non morrera
diso, pero non se atreveron a dicilo, pois estaba baleiro por dentro.
A vella cumprira una maldición….”