domingo, 24 de noviembre de 2013

A lagoa de Valverde

Cóntase que preto da Feria do Monte hay una lagoa que lle chaman a lagoa de Valverde. Din que no sitio onde hoxe esta a lagoa nalgún tempo houbo una vila que se chamaba Valverde e que un dia foi pola vila  un pobre que ía pedindo pousada ou algún cortizo para dormir. Uns decían que era un home que ía polas portas do mundo e outros que era a mesma Virxe en persoa, pero disfrazada. O caso é que ninguen tiña lástima de el e como viu que ninguen lle axudaba, marchou do pobo e foise a una casiña da Feira do Monte onde o acolleron moi ben . Nela habitaba una familia que era moi pobre pero tiña moita honra. Como non tiñan para comer, o amo decidiu mata-la única becerra que tiñan. Cando acabaron de comer , o pobre  díxolles que botaran os ósos grandes nunha corte e os pequenos noutra. Ó dia seguinte o primeiro en despertar foi o pobre, que comenzou a chamar polo dono da casa que baixase muxi-las vacas e botar os becerros a mamar.

O dono seguía durmindo e non lle facía caso.Pero o pobre insistía . Enton o dono da casa díxolle que calase a boca porque a única becerra que tiñan a matáraa para poder comer ; nesto foi cando o pobre dixo:
              -É tan certo que tes becerros e vacas como que a vila de Valverde se asolagou en augas.

Logo o pobre desapareceu e nunca máis se volveu a ver.O amo é a súa familia saíron pola porta e viron que era verdade o que aquel pobre dixera, que fora o castigo do mal que o trataran. Despois o amo foi ás cortes e viu que de verdadde tiñan becerros e vacas.

Chámanlle a Virxe do Monte porque no alto do monte había una imaxe da Virxe.


E cando ven o verán coas súas secas, nos fondais da lagoa din que se ven as chimeneas dalgunhas casas e a torre da igrexa. Moitos din sentí-las campás daquela desgraciada vila de Valverde


No hay comentarios:

Publicar un comentario