miércoles, 26 de febrero de 2014

Album de guerra

O outro dia, coma sempre nas clases de historia de Galicia baixei á biblioteca a facer unha entrada e a buscar informacion sobre cousas interesantes. Ao rematar a clase, Manolo colleunos a min e a Evita, unha compañeira de clase, e levounos a unha estanteria onde sacou un libro moi interesante.Aquel libro titulabase Album de Guerra , de Castelao . Nel amosábanse moitas imaxes e ilustracions de guerra ... bastante duras.
Miña nai contoume que cando ainda residiamos en A Coruña e antes de que eu nacera, poseía unha coleccion das ilustracions desta obra en cadros, pero rematou por gardalos no trasteiro e substituilos por outros, xa que as imaxes eran demasiado duras e estaban cargadas de sentimento . Eu non cheguei a ver esa coleccion, pero botandolle unha ollada a o exemplar en papel, vos podo decir que é realmente asi. Realmente, na miña humilde opinion penso que no seu tempo foi unha obra realmente revolucionaria, xa que mediante o arte , Castelao realizou unha profunda critica social, que nos permite hoxe en dia, saber as circunstancias da época e a opinion do pobo. A continuacion amosobos unhas imaxes que aparecen na obra do ilustre galego .




Con esto vos podedes facer unha lixeira idea sobre as intencions de Castelao, un persoaxe que, sen dubida, desde o seu nacemento ata a sua morte, estivo comprometido con Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario