Poucas localidades na nosa nación viven a Semana Santa como o fai Viveiro . Ao longo dos tempos, esta vila lucense soubo manter a celebración en todo o seu esplendor e , o que é mais importante, soubo crear e manter unha tradicion propia ( todo o contrario ao que sucede con Ferrol)
Durante unha semana ao ano recorrem por esta vila numerosas procesions que gardan un gran valor histórico-artístico. Resulta moi dificil escoller un acto en concreto de todos os que se celebran en Semana Santa en Viveiro, en moitos dos cales, as imaxes son articuladas.
Outro aspecto que lle otorga importancia a esta celebracion e o escaso numero de habitantes da vila que non participan nas celebracions que se realizan no precioso burgo medieval, ao que se lle engade que o 16 de marzo de 2013 foi considerada a Semana Santa de Viveiro de interés turistico internacional , convertindose na primeira Semana Santa galega en conseguir esta distinción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario