sábado, 5 de octubre de 2013

Sabemos o que temos ?

 Que tal bloggers!!!    Hoxe veño a falarvos dun lugar especial. Un lugar, que a pesar de telo moi cerquiña, para moitos de vos é descoñecido. Falo da Cova dos Mouros, oíchedes falar dela ?




            A Cova dos Mouros atópase na miña vila, Cervás, no concello de Ares. Trátase dunha perforación de orixe descoñecida que mide, según aseguran algúns ancians, uns 150 metros de longo e máis ou menos metro e medio de ancho. Este túnel da a casualidade de que se encontra xusto ao lado do castro de Santa Mariña, que desgraciadamente, aproveitouse nos anos da Guerra Civil como fortificación artilleira e do que hoxe en dia, non queda nin rastro. Algúns podedes pensar isto foi causa da natureza, pero non é así. O certo é que no interior de esta cova se notan as pegadas de que foi escarvada a man e, co entullo sacado formouse un gran barranco.  
            
             Ninguen sabe con certeza a orixe ou a utilidade que puido ter esta perforación. Uns opinan que foi habitación prehistórica e que a circunstancia de atoparse ao bordo de un precipicio ,fai pensar que os seus moradores dedicábanse á caza polo procedemento de acosos ás reses, para que se despeñaran naqueles quebradizos. Hay outros veciños que din que foi feita polos fenicios, co fin de extraer algun tipo de metal ou captacion dunha traida de auga. As opinións son sumamente variadas. 


           Por outro lado existe unha gran incógnita... onde remata esta cova ? 
      
           Guiandonos de novo pola opinion dos veciños mais vellos, podemos decir que as creenzas coinciden todas nun mesmo lugar. Todos supoñen que remataba casi en Mehá, unha pequena zona do concello de Mugardos, que da á ría de Ferrol












E ata aquí a miña primeira entrada, espero que vos resultara interesante :)!
















5 comentarios:

  1. Parabens pola tua entrada David !!!!

    ResponderEliminar
  2. OlAsSSsSHhhh*** m paSoOoo fiIirMamM n L MeTroOoo XfaAaaaa
    deEeWwwW

    ResponderEliminar
  3. Caaaaaarallo compañeiro pacharista, empezaches forte castrón !!! Parabéns amigo, moi curioso e moi ben redactado, segue así

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias compañeiro, espero ter moitas entradas interesantes para este novo curso

    ResponderEliminar
  5. Parécenme moi interesantes as túas entradas, gustáronme moito! Noraboa!:)

    ResponderEliminar