domingo, 13 de octubre de 2013

Producto ferrolano

Boas blogguers!! 

    Aproveitando esta moda que apareceu agora de "ser Dj" que, aos que nos gusta e somos desde sempre non nos fai nin **** gracia, vou falarvos de un deles, que ademáis é productor e ferrolán.

    Efectivamente, ese do que os vou falar é Carlos Jean, un rapaz, fillo da ferrolana María Arriaga e do haitiano Jean Robert. Carlos, pasou case toda a súa infancia nunha pequena vila de Badajoz. Dende moi pequeno comezou a tocar a guitarra no coro da súa escola e non tardou en verse que a música era a súa paixón. Pódese decir que a carreira musical de Carlos comeza a finais dos 90, cando forma o grupo Najwajean , ainda que o verdadeiro salto á fama é no ano 2000 , cando lanza o seu solitario Planeta Jean. É a partir de entón cando artistas coma Alejandro Sanz, Andres Cabas, Miguel Bosé, Hombres G , Enrique Bumbuty ... contan con el como productor o mezclador . Alo polo 2005, consegue ser nominado ao Grammy Latino polo seu album La fuerza del destino, e xa polo 2009 , colabora con Estopa e realiza unha brillante remezcla da canción Hemicraneal. 





Xa non me enrolo máis!! Pero si que agora quero darvos unha opinión máis propia miña. Encantame o estilo que tiña este productor anteriormente, nos seus orixes, estilo que pouco a pouco parece que foi perdendo. Para min, este é o meu tema favorito de Carlos, que por certo, lle recomendo aou meu profesor de historia de Galicia.






No panorama actual, o señor Jean, esta involucrado nun proxecto que me parece interesantisimo, o chamado plan B, que patrocina Ballantine's . Este proxecto consiste enque calquera persoa do mundo pode colgar nunha paxina web, de forma gratuita, a partir de unha baste que colga o propio Carlos engadir ideas propias, que co tempo se convertiran nun novo tema. Esto permite coñecer novos talentos nestes tempos nos que as discograficas non apostan por novas promesas. 



   Para rematar aqui os deixo un dos singles que saliu a partir deste proxecto, espero que vos gustara esta entrada, saudos !!









No hay comentarios:

Publicar un comentario