domingo, 24 de noviembre de 2013

A lenda do forno

O frio inverno en Galicia congregaba na lareira a familias enteiras e alguns deles poñianse a contar lendas. Unha das mais coñecidas é esta :

Non se sabe se é certo ou non, pero dice que hai moitos anos, alí cerca de Triabá, vivía una vella que era mala coma una meiga. Un día, tres homes do pobo decidiron darle una boa malleira.

Os tres homes foron á casa da vella, cada un co seu pau. Entraron na casa e ali encontraronse coa vella e deronlle una malleira de norte. A vella, antes de morrer, botoulle una maldición a un deles.Os homes, por medo a que os descubrisen, foron a un forno que había ali cerca e queimarona. O home, ao que lle botara a maldición, foi un tempo ó cárcere e cando voltou encontrouse coa vella que regresara do inferno para levalo a el . Unha vez xunto do home arrincoulle o ril e comeuno, e o mesmo fixo, días despois, co fígado, páncreas, pulmóns…
Sen embargo, aquel home apareceu morto dun golpe na cabeza; os médicos que o atenderon e lle fixeron a autopsia sabían que non morrera diso, pero non se atreveron a dicilo, pois estaba baleiro por dentro.

A vella cumprira una maldición….”


A lagoa de Valverde

Cóntase que preto da Feria do Monte hay una lagoa que lle chaman a lagoa de Valverde. Din que no sitio onde hoxe esta a lagoa nalgún tempo houbo una vila que se chamaba Valverde e que un dia foi pola vila  un pobre que ía pedindo pousada ou algún cortizo para dormir. Uns decían que era un home que ía polas portas do mundo e outros que era a mesma Virxe en persoa, pero disfrazada. O caso é que ninguen tiña lástima de el e como viu que ninguen lle axudaba, marchou do pobo e foise a una casiña da Feira do Monte onde o acolleron moi ben . Nela habitaba una familia que era moi pobre pero tiña moita honra. Como non tiñan para comer, o amo decidiu mata-la única becerra que tiñan. Cando acabaron de comer , o pobre  díxolles que botaran os ósos grandes nunha corte e os pequenos noutra. Ó dia seguinte o primeiro en despertar foi o pobre, que comenzou a chamar polo dono da casa que baixase muxi-las vacas e botar os becerros a mamar.

O dono seguía durmindo e non lle facía caso.Pero o pobre insistía . Enton o dono da casa díxolle que calase a boca porque a única becerra que tiñan a matáraa para poder comer ; nesto foi cando o pobre dixo:
              -É tan certo que tes becerros e vacas como que a vila de Valverde se asolagou en augas.

Logo o pobre desapareceu e nunca máis se volveu a ver.O amo é a súa familia saíron pola porta e viron que era verdade o que aquel pobre dixera, que fora o castigo do mal que o trataran. Despois o amo foi ás cortes e viu que de verdadde tiñan becerros e vacas.

Chámanlle a Virxe do Monte porque no alto do monte había una imaxe da Virxe.


E cando ven o verán coas súas secas, nos fondais da lagoa din que se ven as chimeneas dalgunhas casas e a torre da igrexa. Moitos din sentí-las campás daquela desgraciada vila de Valverde


Os mouros.. sabedes quenes eran ?

A maioria da xente que escoita esta palabra, pensa automáticamente en xente de procedencia árabe . Realmente, esta é una cultura , se atendemos á mitoloxia galega, que aparece antes dos musulmans. Se ti eres de mente enrevesada, coma min, e afondas mas no orixe dos mouros, chegarias ata Mauritania, que ainda que non o creas e o país onde se atopa o derradeiro orixe cultural da corrente megalítica, pero ollo, non orixe material .

O punto de vista da mitoloxia popular é, se cadra, algo diferente. Empregan este termino para definir a seres miticos con apariencia humana (ainda que diferente da dos labregos) , que habitaron na prehistoria. Esta xentiña habitaba nos famosos castros, e acostumaban a ocultar as suas riquezas neles, en forma de tesouros.Vamos, a mentalidade que se lle asigna a todos os indicios históricos aos que non se lles encontra explicación. Hay quen di que era xente con poderes especiais, pero o certo é que non deixaban de facer o mesmo que facemos nos, tiñan necesidades mundanas, como participar nas matanzas dos cerdos, organizar ferias, pedir servizos a una comadroa .


Ainda que ti non o creas,  estos relatos teñen moitisima importancia para a cultura galega. En estos relatos, reflexase a situación real da cultura galega, a cal tiña una sociedade campesiña que se ve obligada a abastecer. A superioridade da sociedade non campesiña se simboliza co persoaxe dos mouros, definidos como non cristianos, con poderes sobrehumanos e polo tando, diferentes dos labregos


Galicia para min

Bueno, en primeiro lugar,fagome idea de que todos vos pensades que vou soltar o rollo de sempre. Xa que este blog esta feito para demostrar que somos persoas e que temos sentido critico, como din Manolo , non vos vou falar nin dos paisaxes, nin do clima, nin do marisco, nin do licor café.Todas esas cousas creo que xa as sabedes.
        
               Hoxe vou contarvos a miña vision de Galicia, sen unha soa pizca de obxetividade. Os que me coñecen, sábeno ben. Eu teño sempre o mesmo no cabeza, música, e polo tanto  sempre veo o mundo acompañado dela. Algúns chamaranme pesado,ou diran que non sei falar de outra cousa, e teñen toda a razon.Non sei falar de outra cousa porque isto e o que realmente me gusta e non podo evitalo.Bueno, imos a elo.



           Para empezar, quero denominar o movemento que se esta dando como una decadencia, no que se cadra, ten moita influencia a crise. Estoume refirindo únicamente á música electrónica que e un xénero que manexo bastante. Aos xovenes Djs e productores coma eu doenos bastante ver como artistas de gran nivel coma Steve Angello, Fedde leGrand, Axwell , Dj Chuckie, Laidback Luke, David Guetta, Martin Solveig… han deixado de pasarse polas nosas salas, prohibindonos de alguna forma poder disfrutar de eles e aprender (aos que non temos cartos e non nos podemos desplazar).Non se sabe quen esta detrás disto. Posiblemente sea a crise, pero o que esta claro e que aos que amamos isto e somos uns “enfermos mentales” (ese grupo de xente que persegue os seus soños) pechanos moitas no ámbito profesional. Porque eu non me dedico a isto para ligar, nin para ter mais amigos nin para ser “guay”. Este é un traballo no que hay que ser moi meticuloso e que se non che gusta, vas jodido, como decía meu abo. Pensades que o noso traballo e estar de festa todo o día e non é asi. Hay que ter ese “algo” que poucos teñen, que é saber que canción necesita cada persoa cando entra pola porta, soportar os humos e as altas presions de sonidos durante mais de 4 horas (no meu caso, o que é moi perxudicial para a saude) e na maioria dos casos, o facemos por catro duros. Por no decir os anos que leva aprender a mezclar ben, que che quita moitas horas do teu tempo e aos estudiantes de bacharelato coma eu, supuxonos un grande problema. Pero aquí estou,e aquí vou a seguir, ainda que as cousas cada vez van a peor…