Como costa poñerse as pilas despois do
nadal eh ! Bueno, aqui estou de novo, e esta vez vou contarvos algo que me
resulta bastante interesante e que non creo que vírades antes moitos de vos.
Trátase dun anaco da historia do meu tatarabo.
A historia do meu tatarabo, vos vai a axudar a comprender como era a
sociedade durante a época da Guerra Civil mellor que ninguen. Juan era un
cativo que naceu nunha pequena vila do concello de Ares, que se chamaba Cervas.
En Cervas, durante esta
época , atopábase un dos mosteiros con mais actividade militar do momento,
o Mosteiro de Santa Catalina .
Juan alistouse dende moi novo no exercito . Nun principio perteneceu ao bando
republicano, xa que toda a miña familia defendia ese bando, pero por diferentes
circunstancias acabou alistado no exercito da falanxe. Nesta nova etapa foi
onde recibiu numerosos recoñecementos militares, dos cales so recuperei un, que
contrasta bastante co seu pasado no exercito enemigo.
Por desgracia, nin este recoñecemento o
conservo completo. Faltame algo moi importante, a medalla que acompañaban estas
escrituras, pero bueno, algo é algo. Según as palabras da miña bisaboa , cuando
Juan abandonou o exército, quedou algo "tocado" da cabeza como se
acostuma a dicir na miña casa . Foron tempos dificiles e nin me quero imaxinar
o que o levou a tomar a decision de cambiar de bando, xurando lealtade plena ao
exercito da falanxe. Isto soamente é un exemplo mais das consecuancias que tivo
a Guerra Civil para o noso pobo, que ainda que en Galicia non se deu, moitos
galegos tiveron que irse a combatir fora, como é o caso do meu tatarabo. Espero
que vos gustara e ata a próxima !
No hay comentarios:
Publicar un comentario