sábado, 18 de enero de 2014
Un folleto para recordar
Boas bloggers!! Esta fin de semana, deixei a música a un lado e aproveitando que tiña que facer unhas entradas para historia de Galicia, fun a casa da miña aboa a revolver no seu desván. Fun en busca de algo interesante que lle puidera gustar a Lolo, o meu profesor. Púxenme un chandal dos que tiña para ir a coller as patacas e fun pola escaleira. Xa facía bastante tempo que non subía, ademais eu lle teño moito medo ás arañas e o desván esta perdido delas. Rebuscando entre as moreas de caixas, bolsas, estanterias e demáis non había mais que po e arañas, arañas que parecían centolos. Ainda así, valeu a pena a miña aventura, xa que atopei algo que non esperaba atopar. Quizas non vos pareza unha pasada, pero é bastante incrible que se manteña nestas condicións despois de tantos anos. O que vos vou a amosar a continuación é un folleto publicitario do ano 1951. Si, efectivamente, un coma eses que tiramos dia a dia que nos ofrecen informacion sobre determinados productos dun comercio ou dunha compañia telefonica. Este, ainda asi, non é exactamente iso. Neste amosase informacion sobre o concello é as susas festas. Mais ben é xutso ao contrario, amosa información do concello pero acompañado de moita publicidade. En fin, é mellor que lle botedes una ollada bos mesmos, un saudo bloggers, ata a próxima !
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario