Os parachedes a pensar en como seria Ferrol se o seu casco
antigo estivera en perfectas condicions? Se non estivera o muro do arsenal
tapando un enorme atractivo? Se a parte edificada do arsenal se convertirá en
un gran museo?
As veces non sabemos o que temos diante ou mais ben non o
queremos ver. Nun futuro Ferrol poderiase convertir nunha cidade pioneira en
turismo de calidade, e parece que non o queremos aproveitar. Que vamos a vivir
toda a vida da farsa da Semana Santa? Algo que nin sequera e propio…
De momento todo resulta moi esperanzador, toda a xente cree na
volta aos bos tempos de bazan, que volverán os cartos.. pero non sei eu. Vos,
que creedes?
Non
quero resultar cansino pero... seguro que sabedes ben o que se nos ven encima
coas emisions de dióxido de carbono? Antonte saiu no telediario unha noticia
que dicia que o desxeo comezara no polo sur, e que este proceso xa non se pode
parar, simplemente palialo. Segun os "enterados" dos procesos que se
deben levar a cabo , salienta a introduccion de vehiculos electricos no
mercado. Pero... creedes que realmente é asi ? Pensade que vivimos nunha
sociedade egoista e totalmente capitalista. Os altos cargos que nos dirixen non
lles importa o futuro, por non decir a cantidade de informacion que nos ocultan.
Realmente todo o que sucede relacionado co cambio climático esta maquillado en
case toda a súa totalidade. E como isto é un problema que cada vez vai ir a
peor… que nos deparara dentro de 50 anos cando as consecuencias de este
fenómeno xa comecen a aparecer ? MAIS e mais mentiras dos gobernos. Ocultándonos
una realidade que ao fin e ao cabo tamen lles afecta a eles. Os seus fillos ,
os seus netos, os seus bisnetos… todos van a vivir neste mundo que lles esta
quedando, e neles esta una gran responsabilidade, de que esto se manteña tal e
como esta. Se eles mismos non se molestan en realizar un esforzó por aplicar
taxas ás empresas mais contaminantes, facilitar a compra de vehículos eléctricos,
fomentar educación de hábitos ecolóxicos.. dentro de 50 anos non nos quedara
mais que un mundo contaminado pola codicia humana e igual que a toda á
humanidade, afectanos aos galegos, que ainda que para nada é o único de valor
da nos aterra, de momento gozamos dunha fermosa paisaxe no noso territorio..
Como ya sabedes, toda a parafernalia das novas tecnoloxias avanzou moito, ou o que é o mesmo, fixose asequible para case todas as familias. Isto alcanzou tal punto que, incluso os concellos dan facilidades a os seus cidadans para beneficiarse de estas novas tecnoloxias.
Neste punto queria contar eu un caso que me pasou a min e dar a miña opinion.
Xa fai un tempo que leín un artigo na Voz De Galicia sobre os problemas sanitarios que tiña a conexión inalámbrica Wi-Fi. Entre varios destaca o seu alto poder canceríxeno, e dicir, a cantidade de radiacions que emite pode provocar cancer. Na actualidade en todas as vivendas se dispoñe de Wi-Fi pero o que a min mas me preocupa é que os concellos das vilas rurais, como por exemplo en Ares onde vive miña aboa , se esta abastecendo de esta cobertura en todo o seu territorio. Enton, eu cada vez que quero desconectar da rutina e vou á casa da miña aboa resulta que estou inmerso de radiacions das que quero escapar, xa que en Ferrol iso é inevitable.
Pero pensade... se isto é así xa agora... dentro de 40 anos ?
Viviremos sempre entre radiacions altamente perigosas, sen escapatoria algunha. Ademais de outros moitos avances que seguro que se van facilitando e que ainda que a xente non o quera ver, nos empobrece cada vez mais como persoas. Xa bastante dano nos fan os telefonos móviles, que resulta case imposible despegarse de el . Se todo segue asi nos converteremos nunha xeneracion de teléfonos intelixentes e xente tonta ao que ademais se lle engade, que se seguimos rodeandonos de ondas tan perigosas, tampouco teremos saude.
Que galego nunca probou un freixo ? Quizas vos parece unha tonteria, pero a elaboracion de estos manxares ven xa dende moitos anos atras . Os primeiros indicios nos transportan á época do imperio romano. Segun os escritos, naquela época xa se realizaban unhas laminas feitas de auga , mel, especias, ovo e fariña chamadas "phyllon". O nome ten orixe grego e significa lámina . Desde aquel producto, unha vez que se foi tendo acceso a cereais, foronse introducindo novas variantes , que unha vez finalizado o imperio romano, asentaronse en diferentes zonas de Europa e Africa . En Galicia, mantivose a filloa , e os galegos acostumamos a facelas canso se achega o carnaval. O mesmo sucede tamén en Asturias .
Poucas localidades na nosa nación viven a Semana Santa como o fai Viveiro . Ao longo dos tempos, esta vila lucense soubo manter a celebración en todo o seu esplendor e , o que é mais importante, soubo crear e manter unha tradicion propia ( todo o contrario ao que sucede con Ferrol)
Durante unha semana ao ano recorrem por esta vila numerosas procesions que gardan un gran valor histórico-artístico. Resulta moi dificil escoller un acto en concreto de todos os que se celebran en Semana Santa en Viveiro, en moitos dos cales, as imaxes son articuladas.
Outro aspecto que lle otorga importancia a esta celebracion e o escaso numero de habitantes da vila que non participan nas celebracions que se realizan no precioso burgo medieval, ao que se lle engade que o 16 de marzo de 2013 foi considerada a Semana Santa de Viveiro de interés turistico internacional , convertindose na primeira Semana Santa galega en conseguir esta distinción.
Bueno chavalada, Manolo esta vez indicounos que as entradas tiñan que falar da cultura galega. Xa se que todos estades a pensar o mesmo : " bua, que rollo, outra vez a falar de baileciños, gaitas e demáis conachadas" , pero ou non vou por ese camiño.
A miña seguinte entrada vai falar do grupo musical Luar na Lubre, que é un dos meus grupos favoritos de música en Galicia. Ademáis, o último día de clase Manolo regaloume "un bosque de música", que é un filme de Ignacio Vilar convertido en documental sobre este grupo.
Principalmente a música de Luar na Lubre básase no flolklore de Galicia, ainda que tamen ten influencia de outras rexions de tradición celta, como pode ser Escocia, Irlanda, Gran Bretaña... Isto non é de todo aceptado, xa que unha xente defende que fan o correcto, potenciando os lazos históricos, xeográficos e culturais de Galicia internacionalmente, e outra pensa que emiten unha imaxe erronea da cultura galega, como consecuencia da mestura entre o resto das rexions celtas .
Independentemente das opinions públicas, este grupo conseguiu chamar a atencion do músico británico Mike Oldfield , quen incluiu no seu album unha adaptacion do tema " O Son Do Ar" , que lle otorgou quizas máis internacionalidade a estes apaixoados da música galegos.
Por último deixovos aqui o meu tema favorito, espero que o disfrutedes !!!
E esta entrada viñame obligado a facela polo meu amor á música. Xa é habitual, se es un lector habitual do meu blog, saber cales son os meus gustos ou as miñas pasions. Por outro lado, tamen queria facer esta entrada porque aos compoñentes deste grupo, deulles clase Manolo, o meu profesor. Bueno, para os que non esteades moi postos, comezo por decirvos que Heredeiros da Crus é un grupo de rock formado por 4 integrantes . A banda comezou a sua andadura por ala polo 1992. No ano 97 os compoñentes do grupo volcanse en proxectos individuais e a banda desaparece. Volven con mais forza que nunca no ano 2012, cun concerto multitudinario na sala LP45, en Ordes ( onde seguramente teña a sorte de pinchar eu neste veran ) Pero en fin, vou deixarme de postureos e ir ao gran. Principalmente, e é un dos rasgos que mais valoro dun artista, é a súa orixinalidade. Non soporto a esa xente que chegou lonxe pola súa cara bonita ou polo seu diñeiro, copiando ou aprovechandose dos demais. De isto tedes un gran exemplo en Heredeiros. Sempre foron un grupo de amigos que compuxeron o que sentian desde sempre, sen ter unha referencia, sendo eles mesmos. Por outro lado engadeselle a dificultade que ten triunfar compoñendo en galego, que ainda que os guste ou non, é un prexuizo que esta ahi e é moi dificil de evitar.Para min, e non me canso de repetilo, estas accions son dignas dunha rebeldia que corre polas suas venas. As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse, algo que foi importantisimo. En definitiva, a conclusion que quero que saquedes é que ninguen chega a nada sentado nun sofa e que o importante dun mesmo, se atopa no seu interior . SER REBELDE
O outro dia estaba eu dando unha volta coa miña pandilla de amigos, cando decidimos ir a cear fora. Fomos ali a un bar moi bo que se atopa detras do centro comercial "odeon", que se chama Australian. Cando xa tiñamos as racions de raxo na mesa, o meu amigo Nacho, que é un rapaz moi comprometido con Galicia e que ademais é nacionalista, comezou a falarnos dun rebelde ferrolano, Moncho Reboiras. Eu xa escoitara ese nome algunha vez, creo recordar que nunha manifestacion, pero en calquera caso non tiña nin idea de quen era ese home. Resulta que este home, ainda que é nado en A Coruña, pasou gran parte da sua vida en Ferrol, é foi un gran opositor á dictadura do franquismo. Nacho contoume tamen que Moncho organizara varios grupos sindicalistas galegos. Moncho foi tamen menbro de UPG, que era unha organizacion obreira que tengo como ideoloxia o marxismo -lennismo , foi dos motores de movemento soberanista galego contemporaneo. Asi non é de extrañar que vais paseando por Ferrol e atopes pintadas coma estas:
Agora gracias a Nacho sei un pedaziño mais de historia e, sentome avergoñado de non saber nin a existencia nin a historia de estes heroes revolucionarios que fixeron tanto por Galicia. Estos si que son persoaxes rebeldes, persoaxes que, sen dúbida, deberiamos de coñecer
O outro dia, coma sempre nas clases de historia de Galicia baixei á biblioteca a facer unha entrada e a buscar informacion sobre cousas interesantes. Ao rematar a clase, Manolo colleunos a min e a Evita, unha compañeira de clase, e levounos a unha estanteria onde sacou un libro moi interesante.Aquel libro titulabase Album de Guerra , de Castelao . Nel amosábanse moitas imaxes e ilustracions de guerra ... bastante duras.
Miña nai contoume que cando ainda residiamos en A Coruña e antes de que eu nacera, poseía unha coleccion das ilustracions desta obra en cadros, pero rematou por gardalos no trasteiro e substituilos por outros, xa que as imaxes eran demasiado duras e estaban cargadas de sentimento . Eu non cheguei a ver esa coleccion, pero botandolle unha ollada a o exemplar en papel, vos podo decir que é realmente asi. Realmente, na miña humilde opinion penso que no seu tempo foi unha obra realmente revolucionaria, xa que mediante o arte , Castelao realizou unha profunda critica social, que nos permite hoxe en dia, saber as circunstancias da época e a opinion do pobo. A continuacion amosobos unhas imaxes que aparecen na obra do ilustre galego .
Con esto vos podedes facer unha lixeira idea sobre as intencions de Castelao, un persoaxe que, sen dubida, desde o seu nacemento ata a sua morte, estivo comprometido con Galicia
Pois aquí estamos outra vez. Nesta avaliación según dixo Lolo tocanos falar da rebeldía en
Galicia.Bueno, a simple vista parece que é un tema que da moito mais xogo que
os anteriores, e sen perder ese punto de interesante. Vou deixarme de rollos e
imos comezar, vos conto .
O outro dia estaba eu na biblioteca do instituto, dándolle
voltas á cabeza sobre que entradas podía facerlle a Lolo para Historia de
Galicia.De súpeto apareceu el pola porta e preguntou : -Quen era o rapaz a quen
lle gustaba moito a música? Nese momento levantei a man, xa que sabia que Lolo
estabame buscando a min . Acercouse e ,coma
sempre, púxose a darme ideas de sobre que podía facer as entradas
relacionadas coa rebeldía e coa música . Faloume de Dios Ke Te Crew. Eu xa
conocía ese grupo, xa que cando esto una casa e quero descansar a cabeza e as
ideas despois de moitas horas escoitando o meu xénero preferido ( a música
electrónica ), acostumo a escoitar rap . Sempre me gustaron as letras de este
grupo, xa que, falan case sempre de temas relacionados con Galicia. Nos seus
temas tamen podes a tomar una dose extra de personalidade, xa que son letras
“sen pelos na lingua”. O seu último disco realiza una critica moi boa hacia as
corrupcions do sistema pólitico que sufrimos na actualidade. E a todo isto,
engádeselle que soamente compoñen en galego, algo que é una seña de identidade.
Eu asocio a este grupo coa rebeldía polo seu afán de
componer en galego e de ofrecer una critica cara os políticos sen medo ningún.
Isto é algo que ten moito valor hoxe en dia.
Hoxe facendo memoria, non me preguntedes por qué, lembreime dunha historia que nos contara Manolo o primeiro dia de clase ssobre os seus traballos. Faloume dunha rapaza que lle fixera un dos mellores traballos que vira. O traballo fora un gran arbol xenealóxico sobre a súa familia. Contounos tamen, que a rapaza axudouse do Rexistro Civil para conseguir determinadas informacions, xa que viaxou no tempo moi cara atras. Mentres tanto eu estaba na miña cadeira pensando que Manolo non vira nada, xa que poderia ensinarlle un moito mellor ca ese.
E non soamente teño un, senon que son dous, e para colmo, un teño que gardalo na bodega porque non cabe en ningunha habitacion da casa.Neste arbol estan reflexadas xeracións e xeracións da miña familia e, por suposto, a informacion soa mente foi sacada mediante testigos é dicir, é unha arbore que se foi contruindo entre varias xeracions. Gustariame ensinarsello a Lolo, pero necesitaria un camion para poder levalo a o instituto
Boas bloggers!! Esta fin de semana, deixei a música a un lado e aproveitando que tiña que facer unhas entradas para historia de Galicia, fun a casa da miña aboa a revolver no seu desván. Fun en busca de algo interesante que lle puidera gustar a Lolo, o meu profesor. Púxenme un chandal dos que tiña para ir a coller as patacas e fun pola escaleira. Xa facía bastante tempo que non subía, ademais eu lle teño moito medo ás arañas e o desván esta perdido delas. Rebuscando entre as moreas de caixas, bolsas, estanterias e demáis non había mais que po e arañas, arañas que parecían centolos. Ainda así, valeu a pena a miña aventura, xa que atopei algo que non esperaba atopar. Quizas non vos pareza unha pasada, pero é bastante incrible que se manteña nestas condicións despois de tantos anos. O que vos vou a amosar a continuación é un folleto publicitario do ano 1951. Si, efectivamente, un coma eses que tiramos dia a dia que nos ofrecen informacion sobre determinados productos dun comercio ou dunha compañia telefonica. Este, ainda asi, non é exactamente iso. Neste amosase informacion sobre o concello é as susas festas. Mais ben é xutso ao contrario, amosa información do concello pero acompañado de moita publicidade. En fin, é mellor que lle botedes una ollada bos mesmos, un saudo bloggers, ata a próxima !
Como costa poñerse as pilas despois do
nadal eh ! Bueno, aqui estou de novo, e esta vez vou contarvos algo que me
resulta bastante interesante e que non creo que vírades antes moitos de vos.
Trátase dun anaco da historia do meu tatarabo.
A historia do meu tatarabo, vos vai a axudar a comprender como era a
sociedade durante a época da Guerra Civil mellor que ninguen. Juan era un
cativo que naceu nunha pequena vila do concello de Ares, que se chamaba Cervas.
EnCervas, durante esta
época , atopábase un dos mosteiros con mais actividade militar do momento,
o Mosteiro de Santa Catalina .
Juan alistouse dende moi novo no exercito . Nun principio perteneceu ao bando
republicano, xa que toda a miña familia defendia ese bando, pero por diferentes
circunstancias acabou alistado no exercito da falanxe. Nesta nova etapa foi
onde recibiu numerosos recoñecementos militares, dos cales so recuperei un, que
contrasta bastante co seu pasado no exercito enemigo.
Por desgracia, nin este recoñecemento o
conservo completo. Faltame algo moi importante, a medalla que acompañaban estas
escrituras, pero bueno, algo é algo. Según as palabras da miña bisaboa , cuando
Juan abandonou o exército, quedou algo "tocado" da cabeza como se
acostuma a dicir na miña casa . Foron tempos dificiles e nin me quero imaxinar
o que o levou a tomar a decision de cambiar de bando, xurando lealtade plena ao
exercito da falanxe. Isto soamente é un exemplo mais das consecuancias que tivo
a Guerra Civil para o noso pobo, que ainda que en Galicia non se deu, moitos
galegos tiveron que irse a combatir fora, como é o caso do meu tatarabo. Espero
que vos gustara e ata a próxima !