sábado, 18 de enero de 2014
Un folleto para recordar
Boas bloggers!! Esta fin de semana, deixei a música a un lado e aproveitando que tiña que facer unhas entradas para historia de Galicia, fun a casa da miña aboa a revolver no seu desván. Fun en busca de algo interesante que lle puidera gustar a Lolo, o meu profesor. Púxenme un chandal dos que tiña para ir a coller as patacas e fun pola escaleira. Xa facía bastante tempo que non subía, ademais eu lle teño moito medo ás arañas e o desván esta perdido delas. Rebuscando entre as moreas de caixas, bolsas, estanterias e demáis non había mais que po e arañas, arañas que parecían centolos. Ainda así, valeu a pena a miña aventura, xa que atopei algo que non esperaba atopar. Quizas non vos pareza unha pasada, pero é bastante incrible que se manteña nestas condicións despois de tantos anos. O que vos vou a amosar a continuación é un folleto publicitario do ano 1951. Si, efectivamente, un coma eses que tiramos dia a dia que nos ofrecen informacion sobre determinados productos dun comercio ou dunha compañia telefonica. Este, ainda asi, non é exactamente iso. Neste amosase informacion sobre o concello é as susas festas. Mais ben é xutso ao contrario, amosa información do concello pero acompañado de moita publicidade. En fin, é mellor que lle botedes una ollada bos mesmos, un saudo bloggers, ata a próxima !
sábado, 11 de enero de 2014
Condecoracions de guerra
Como costa poñerse as pilas despois do
nadal eh ! Bueno, aqui estou de novo, e esta vez vou contarvos algo que me
resulta bastante interesante e que non creo que vírades antes moitos de vos.
Trátase dun anaco da historia do meu tatarabo.
A historia do meu tatarabo, vos vai a axudar a comprender como era a
sociedade durante a época da Guerra Civil mellor que ninguen. Juan era un
cativo que naceu nunha pequena vila do concello de Ares, que se chamaba Cervas.
En Cervas, durante esta
época , atopábase un dos mosteiros con mais actividade militar do momento,
o Mosteiro de Santa Catalina .
Juan alistouse dende moi novo no exercito . Nun principio perteneceu ao bando
republicano, xa que toda a miña familia defendia ese bando, pero por diferentes
circunstancias acabou alistado no exercito da falanxe. Nesta nova etapa foi
onde recibiu numerosos recoñecementos militares, dos cales so recuperei un, que
contrasta bastante co seu pasado no exercito enemigo.
Por desgracia, nin este recoñecemento o
conservo completo. Faltame algo moi importante, a medalla que acompañaban estas
escrituras, pero bueno, algo é algo. Según as palabras da miña bisaboa , cuando
Juan abandonou o exército, quedou algo "tocado" da cabeza como se
acostuma a dicir na miña casa . Foron tempos dificiles e nin me quero imaxinar
o que o levou a tomar a decision de cambiar de bando, xurando lealtade plena ao
exercito da falanxe. Isto soamente é un exemplo mais das consecuancias que tivo
a Guerra Civil para o noso pobo, que ainda que en Galicia non se deu, moitos
galegos tiveron que irse a combatir fora, como é o caso do meu tatarabo. Espero
que vos gustara e ata a próxima !
domingo, 24 de noviembre de 2013
A lenda do forno
O frio inverno en Galicia congregaba na lareira a familias
enteiras e alguns deles poñianse a contar lendas. Unha das mais coñecidas é
esta :
Non se sabe se é certo ou non, pero dice que hai moitos
anos, alí cerca de Triabá, vivía una vella que era mala coma una meiga. Un día,
tres homes do pobo decidiron darle una boa malleira.
Os tres homes foron á casa da vella, cada un co seu pau.
Entraron na casa e ali encontraronse coa vella e deronlle una malleira de
norte. A vella, antes de morrer, botoulle una maldición a un deles.Os homes,
por medo a que os descubrisen, foron a un forno que había ali cerca e
queimarona. O home, ao que lle botara a maldición, foi un tempo ó cárcere e
cando voltou encontrouse coa vella que regresara do inferno para levalo a el .
Unha vez xunto do home arrincoulle o ril e comeuno, e o mesmo fixo, días
despois, co fígado, páncreas, pulmóns…
Sen embargo, aquel home apareceu morto dun golpe na cabeza;
os médicos que o atenderon e lle fixeron a autopsia sabían que non morrera
diso, pero non se atreveron a dicilo, pois estaba baleiro por dentro.
A vella cumprira una maldición….”
A lagoa de Valverde
Cóntase que preto da Feria do Monte hay una lagoa que lle
chaman a lagoa de Valverde. Din que no sitio onde hoxe esta a lagoa nalgún
tempo houbo una vila que se chamaba Valverde e que un dia foi pola vila un pobre que ía pedindo pousada ou algún
cortizo para dormir. Uns decían que era un home que ía polas portas do mundo e
outros que era a mesma Virxe en persoa, pero disfrazada. O caso é que ninguen
tiña lástima de el e como viu que ninguen lle axudaba, marchou do pobo e foise
a una casiña da Feira do Monte onde o acolleron moi ben . Nela habitaba una
familia que era moi pobre pero tiña moita honra. Como non tiñan para comer, o
amo decidiu mata-la única becerra que tiñan. Cando acabaron de comer , o pobre díxolles que botaran os ósos grandes nunha
corte e os pequenos noutra. Ó dia seguinte o primeiro en despertar foi o pobre,
que comenzou a chamar polo dono da casa que baixase muxi-las vacas e botar os
becerros a mamar.
O dono seguía durmindo e non lle facía caso.Pero o pobre
insistía . Enton o dono da casa díxolle que calase a boca porque a única
becerra que tiñan a matáraa para poder comer ; nesto foi cando o pobre dixo:
-É tan
certo que tes becerros e vacas como que a vila de Valverde se asolagou en
augas.
Logo o pobre desapareceu e nunca máis se volveu a ver.O amo
é a súa familia saíron pola porta e viron que era verdade o que aquel pobre
dixera, que fora o castigo do mal que o trataran. Despois o amo foi ás cortes e
viu que de verdadde tiñan becerros e vacas.
Chámanlle a Virxe do Monte porque no alto do monte había una
imaxe da Virxe.
E cando ven o verán coas súas secas, nos fondais da lagoa
din que se ven as chimeneas dalgunhas casas e a torre da igrexa. Moitos din
sentí-las campás daquela desgraciada vila de Valverde
Os mouros.. sabedes quenes eran ?
A maioria da xente que escoita esta palabra, pensa
automáticamente en xente de procedencia árabe . Realmente, esta é una cultura ,
se atendemos á mitoloxia galega, que aparece antes dos musulmans. Se ti eres de
mente enrevesada, coma min, e afondas mas no orixe dos mouros, chegarias ata
Mauritania, que ainda que non o creas e o país onde se atopa o derradeiro orixe
cultural da corrente megalítica, pero ollo, non orixe material .
O punto de vista da mitoloxia popular é, se cadra, algo
diferente. Empregan este termino para definir a seres miticos con apariencia
humana (ainda que diferente da dos labregos) , que habitaron na prehistoria.
Esta xentiña habitaba nos famosos castros, e acostumaban a ocultar as suas
riquezas neles, en forma de tesouros.Vamos, a mentalidade que se lle asigna a
todos os indicios históricos aos que non se lles encontra explicación. Hay quen
di que era xente con poderes especiais, pero o certo é que non deixaban de
facer o mesmo que facemos nos, tiñan necesidades mundanas, como participar nas
matanzas dos cerdos, organizar ferias, pedir servizos a una comadroa .
Ainda que ti non o creas,
estos relatos teñen moitisima importancia para a cultura galega. En
estos relatos, reflexase a situación real da cultura galega, a cal tiña una
sociedade campesiña que se ve obligada a abastecer. A superioridade da
sociedade non campesiña se simboliza co persoaxe dos mouros, definidos como non
cristianos, con poderes sobrehumanos e polo tando, diferentes dos labregos
Galicia para min
Bueno, en primeiro lugar,fagome idea de que todos vos pensades que
vou soltar o rollo de sempre. Xa que este blog esta feito para demostrar que
somos persoas e que temos sentido critico, como din Manolo , non vos vou falar
nin dos paisaxes, nin do clima, nin do marisco, nin do licor café.Todas esas
cousas creo que xa as sabedes.
Hoxe vou
contarvos a miña vision de Galicia, sen unha soa pizca de obxetividade. Os que
me coñecen, sábeno ben. Eu teño sempre o mesmo no cabeza, música, e polo tanto
sempre veo o mundo acompañado dela. Algúns chamaranme pesado,ou diran que
non sei falar de outra cousa, e teñen toda a razon.Non sei falar de outra cousa
porque isto e o que realmente me gusta e non podo evitalo.Bueno, imos a elo.
Para empezar,
quero denominar o movemento que se esta dando como una decadencia, no que se
cadra, ten moita influencia a crise. Estoume refirindo únicamente á música
electrónica que e un xénero que manexo bastante. Aos xovenes Djs e productores coma
eu doenos bastante ver como artistas de gran nivel coma Steve Angello, Fedde leGrand, Axwell , Dj Chuckie, Laidback Luke, David Guetta, Martin Solveig… han
deixado de pasarse polas nosas salas, prohibindonos de alguna forma poder
disfrutar de eles e aprender (aos que non temos cartos e non nos podemos
desplazar).Non se sabe quen esta detrás disto. Posiblemente sea a crise, pero o
que esta claro e que aos que amamos isto e somos uns “enfermos mentales” (ese
grupo de xente que persegue os seus soños) pechanos moitas no ámbito
profesional. Porque eu non me dedico a isto para ligar, nin para ter mais
amigos nin para ser “guay”. Este é un traballo no que hay que ser moi
meticuloso e que se non che gusta, vas jodido, como decía meu abo. Pensades que
o noso traballo e estar de festa todo o día e non é asi. Hay que ter ese “algo”
que poucos teñen, que é saber que canción necesita cada persoa cando entra pola
porta, soportar os humos e as altas presions de sonidos durante mais de 4 horas
(no meu caso, o que é moi perxudicial para a saude) e na maioria dos casos, o
facemos por catro duros. Por no decir os anos que leva aprender a mezclar ben,
que che quita moitas horas do teu tempo e aos estudiantes de bacharelato coma
eu, supuxonos un grande problema. Pero aquí estou,e aquí vou a seguir, ainda
que as cousas cada vez van a peor…
domingo, 13 de octubre de 2013
Producto ferrolano
Boas blogguers!!
Aproveitando esta moda que apareceu agora de "ser Dj" que, aos que nos gusta e somos desde sempre non nos fai nin **** gracia, vou falarvos de un deles, que ademáis é productor e ferrolán.
Efectivamente, ese do que os vou falar é Carlos Jean, un rapaz, fillo da ferrolana María Arriaga e do haitiano Jean Robert. Carlos, pasou case toda a súa infancia nunha pequena vila de Badajoz. Dende moi pequeno comezou a tocar a guitarra no coro da súa escola e non tardou en verse que a música era a súa paixón. Pódese decir que a carreira musical de Carlos comeza a finais dos 90, cando forma o grupo Najwajean , ainda que o verdadeiro salto á fama é no ano 2000 , cando lanza o seu solitario Planeta Jean. É a partir de entón cando artistas coma Alejandro Sanz, Andres Cabas, Miguel Bosé, Hombres G , Enrique Bumbuty ... contan con el como productor o mezclador . Alo polo 2005, consegue ser nominado ao Grammy Latino polo seu album La fuerza del destino, e xa polo 2009 , colabora con Estopa e realiza unha brillante remezcla da canción Hemicraneal.
Aproveitando esta moda que apareceu agora de "ser Dj" que, aos que nos gusta e somos desde sempre non nos fai nin **** gracia, vou falarvos de un deles, que ademáis é productor e ferrolán.
Efectivamente, ese do que os vou falar é Carlos Jean, un rapaz, fillo da ferrolana María Arriaga e do haitiano Jean Robert. Carlos, pasou case toda a súa infancia nunha pequena vila de Badajoz. Dende moi pequeno comezou a tocar a guitarra no coro da súa escola e non tardou en verse que a música era a súa paixón. Pódese decir que a carreira musical de Carlos comeza a finais dos 90, cando forma o grupo Najwajean , ainda que o verdadeiro salto á fama é no ano 2000 , cando lanza o seu solitario Planeta Jean. É a partir de entón cando artistas coma Alejandro Sanz, Andres Cabas, Miguel Bosé, Hombres G , Enrique Bumbuty ... contan con el como productor o mezclador . Alo polo 2005, consegue ser nominado ao Grammy Latino polo seu album La fuerza del destino, e xa polo 2009 , colabora con Estopa e realiza unha brillante remezcla da canción Hemicraneal.
Xa non me enrolo máis!! Pero si que agora quero darvos unha opinión máis propia miña. Encantame o estilo que tiña este productor anteriormente, nos seus orixes, estilo que pouco a pouco parece que foi perdendo. Para min, este é o meu tema favorito de Carlos, que por certo, lle recomendo aou meu profesor de historia de Galicia.
No panorama actual, o señor Jean, esta involucrado nun proxecto que me parece interesantisimo, o chamado plan B, que patrocina Ballantine's . Este proxecto consiste enque calquera persoa do mundo pode colgar nunha paxina web, de forma gratuita, a partir de unha baste que colga o propio Carlos engadir ideas propias, que co tempo se convertiran nun novo tema. Esto permite coñecer novos talentos nestes tempos nos que as discograficas non apostan por novas promesas.
Para rematar aqui os deixo un dos singles que saliu a partir deste proxecto, espero que vos gustara esta entrada, saudos !!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





.jpg)